ANUNCIO VICUS DT

April 12, 2008

Vicusdt3

You can find the image above in the magazine Pesca Internacional, which will be on the street at the end of the month.
It will be included also in our website as soon as it is available.

VICUS DT

March 13, 2008

Vale, xa sei que unha vez máis teño o blog bastante abandonado, pero levo un ano bastante axetreado e as circunstancias laborais e persoais non me deixan tempo para este tipo de menesteres. Tamén a Jalerna, que parece que xa non me acordo dela, pero e que apenas paro o fin de semana na “Novena”.
O motivo deste post non é outro que facer público o enlace á web preliminar da miña nova empresa, VICUS DT. Vicus Desarrollos Tecnológicos S.L., nace pola necesidade de Investigación e Desenvolvemento dentro do grupo Emenasa de vigo. Polo de agora a empresa está integrada por catro enxeñeiros especializados en deseño de hélice, simulación fluidodinámica e diseño mecánico, nos sector naval e enerxético.

Esta é a web, nunha versión super preliminar, a falta de pechar o deseño da web definitiva, que virá en breve:

www.vicusdt.com

Vicus Logo

Non hai moito que ler pero garantizo que en breve engadiremos información sobre capacidades, proxectos en curso, etc..

Cp distribution propeller

Saudos dende a Olívica.

IMPRESIÓN DIXITAL

May 5, 2007

Esto simplemente para comunicar que a imprenta dixital máis prestixiosa, seria e rápida de Riveira (e do Barbanza) xa estreou a súa páxina web:

www.neoprintnet.es

Animo a todos a visitar esa web.

Saudos,

INACTIVIDADE

Boas,

Se ben hai moitas cousas que se poden crticar de un Blog, unha das mais habiotuais é o abandono do mesmo, entendendo por abandono exactamente o que lle ocurreu a este dende dende Setembro. Non vou a poñer excusas baratas, senon intentar poñer remedio….unha das solución á miña deixadez é crear novas contas de ususario para persoas reprsentativas da escola de vela (tales como Fran a.k.a “Fucking Serrán”, ou para Marcelo que creo que ten internet en casa. en canto aclare un problemilla coas claves de administrador, intentarei crear esas contas de usuario, a ver se desperta o blog.

Respecto ás navegacións a vela, durante 0 2007 levo xa recibidos varios emails de xente interesada en comezar a navegar connosco; qué mais quixera eu que ter máis oportunidades de sair ó mar os fines de semana, pero a distancia á Novena así como outros avatares me impiden navegar coa frecuencia que sería desexable. A esto podemos engadir o feito de que un dos patróns de dorna xeiteira máis prestixiosos, Ramón alias “O Jalo”. Se embarcou nun palangreiro conxelador de superficie no Oceano Pacífico e non voltará ata Agosto.. ou ..ou …..

Pído polo tanto a tódolos intersados que teñan algo mais de paciencia ata que veñan tempos mellores, en canto a tripulacións se refire. Penso que a partir de Xuño esto cambiará e nos veremos todos mais a miudo.

Saudos,

Pincho

IMPRESIÓN DIGITAL RIVEIRA

September 21, 2006

Hoxe vai de empresas dos Rapes, (si, é unha peña da Dorna…)…..”Neoprint”, especializada en impresión dixital abreu as súas portas en Riveira, ó lado dos xulgados. Están especializados en traballos de impresión dixital e publicidade de alta calidade e con prazos de entrega moi reducidos.

A profesionalidade do seu equipo garantiza as entregas,recomendo encarecidamente que pasedes a coñecelos e simplemente probade a última tecnoloxía de impresión, coa cal a Gutenberg (1398-1467) se lle saltarían as lágrimas.

NEOPRINT,impresión dixital en Riveira

NEOPRINT
NEOPRINT
NEOPRINT

PEGADO DE CARTELES EN TODA GALICIA

Qué empresa ou organización de eventos non toleu buscando quen lle pegara os seus carteis de maneira eficiente e seria……por fin apareceu a solución ós seus males ………nace ……..”Fixa na Rúa”, así se chama a empresa creada por un membro dos Rapes (esa gran peña da Dorna á cal teño a honra de pertencer) e que está especializada en pegado de carteles en grandes tiradas e en toda Galicia.
Seriedade garantizada,o teléfono figura na imaxe que se mostra abaixo.

FIXA NA RUA, PEGAMOS CARTELES POR TODA GALICIA, SERIEDADE MÁXIMA,NIN UN SÓ CARTEL NO LIXO, REFERENCIAS DISPOÑIBLES.

www.fixanarua.com

Saude

PD:Este Sábado vou a Riveira e teño “o bicho” de ir navejar……

VARADA ANUAL DA JALERNA

August 10, 2006

Un ano máis procedemos a realizar a varada da Jalerna para as necesarias labores de mantemento.
Varamos o Venres día 28 de xullo e a flotadura tivo lugar o Xoves día 3 de Agosto, foi esta polo tanto unha das varadas máis rapidas que se recordan nos dez anos de esta embarcación (con excepción de varadas menores, non as anuais). Esta estadía tan corta no varadero foi posible gracias á excelente planificación das tarefas levada a cabo previamente pola cúpula da escola de vela e tamén gracias ó apoio incondicional recibido por parte de todos os mulillas, entre outros cito:

- Madero (carpinteiro maior)
- Villa
- Goreti
- Fran serrán
- Jalo
- Fer
- Nacho
- Andi
- Fer
- E algún mais que por alí andivo, así como a peña de pepe de noia que axudou a botala abaixo.

Entre as tarefas realizadas destacamos.

- Venres: Fregado obra viva, obra morta e sentina
- Sábado: Preparación obra viva en costado estribor
- Domingo: Piche con patente en toda a sentina e linaza a pau, remos e enjaretados
- Luns: Reclavado completo babor e estribor, enmasillado puntas fabricación de novas cornamusas de empopadas, alquitraneado cuberta e estribor.
- Martes: Alquitran ó costado de babor
- Mércores: Lijado casco e Patente
- Xoves: Instalación de ánodos de sacrificio e flotadura

Espero poder probar a embarcación en breve (11/08/06) pois debería navegar como un raio.

Abaixo unhas fotos.

Completa babor

Aleta

Amura

Popa

E por último o fantástico e innovador mascarón de proa, coñecida como ” A nosa Jenny”. seguramente algún guiri despistado virará blanco cando nos vexa chegar.

Mascarón proa

Saudos
Pincho
Escola de Vela / REICD

AVANCE PROGRAMA FESTA DA DORNA 2006

July 9, 2006

ADIANTE DO PROJRAMA DORNEIRO DESTE ANO 2006:

DIA 15 DE XULLO:

BAILE DE JALA

DIA 20 DE XULLO:

FEIRA DE ARTESANÍA, CALLADA E CONCERTO DE ZENK

DIA 21 XULLO:

MARATASÓN,JUATEKE DORNEIRO(NO TOURO).

DIA 22 XULLO:

XOJOS DE TERRA, CANSION DE TASCA

DIA 23 XULLO:

XOJOS DE MAR(MALECON), CARRILANAS, EXAMES DE PATRONS E
CONCERTO DE GALEGOZ (http://www.galegoz.com/)

DIA 24 XULLO:

REJATA DE EMBARCASIONS(COROSO), ROMERIA DORNEIRA(COROSO), VOO
SEN MOTOR( MUELLE), TOP SECRET( SAIDA DO MUELLE), E CONSERTASO DORNEIRO A
CARJO DE LA KINKI BEAT (http://www.lakinkybeat.com/) E A COMPAÑÍA DO RUÍDO
(http://www.acompaniadoruido .com/).

Ahí queda eso, ide preparando o peito. Para todo-los interesados que sepades que este ano volve o mítico Concurso de JIPJOP, será o Sábado á tarde noite; a continuación haberá actuación de un grupo e rapeiros en condicións, todavía por confirmar, e máis movidas.

atentos sAudos,

CIC Cofradía da Dorna

XORNADAS CULTURA MARÍTIMA

June 24, 2006

Ahí vai este carteliño. Trátase das xornadas sobre cultura marítima que se van celebrar o Venres e Sábado na novena. Por parte da escola de vela, imos sair a navegar Sábado pola tarde, así que conto con todo-los tripulantes que leen o blog. Asimesmo espero que todos asistades ás charlas e mesas redondas, pois creo que é moi importante…..para coller ese barnis de cultura que tanta falta vos fai…. mulas !!! :p

Xornadas cultura marítima

PATRÓN LOCO E ENCONTROS

Hola,

O Luns, durante o partido da selección española, recibín unha chamada de Patrón loco. Como todos sabedes está en Mosambique pescando camarao.
Atopábase vendo o partido e tomando uns juarisnais nun garito de Beira (que non Maputo) que se chamaba Miramar, je je , como ese mítico local de ambiente de Riveira ó cal acostumábamos a ir a tomar copas a 250 pts, qué tempos !!
Esperemos que como el pronostica poida estar pola terra en Ajosto, se non xa advertiu que lles afundía o barco, pois daquela levará alí seis meses e é tempo de abondo.

Dende aquí un saudo.