FIRST “CARTEL” PROPOSAL
May 3, 2006Esta é a primeira proposta de cartel para a festa de este ano, paa comentar:

Saudiños dende a Olívica
Esta é a primeira proposta de cartel para a festa de este ano, paa comentar:

Saudiños dende a Olívica
O dito, ó regresar de navejar achegámonos á reunión das peñas onde tomei as seguintes notas que paso a reseñar….
Acta da Asamble de Peñas dorneiras
Acta 01/LVIII sinjladura
Celebrada no Conservatorio o 15-4-2005
Asisten: Atuna Nejra, Carallos de Rei, A jran Samborka, Ratos da Illa, Muxo Betis, Lampreas máis preas, Persebes coma puños, Tabeiróns Caralludos, Arría o Jallo, Lobos de Mar, Vikingos da Tomasa, Pescadillas con ladillas, Nécoras botamos un lanse e Rapes.
Logo de ter selebrado a primeira reuinón das Peñas Dorneiras o pasado sábado día 15 de abril, acordouse:
Fixar as datas para LVIII sinjladura da Festa da Dorna e as actividades prinsipais:
+ Sábado 15 de xullo: Jran Baile de Jala.
+ Venres 21 de xullo: Guateke dorneiro e Maratasón.
+ Sábado 22 de xullo: Xogos de terra e Cansión de Tasca.
+ Domingo 23 de xullo: Xogos de Mar, Carrilanas e Exame da Patróns.
+ Luns 24 de xullo: Romería, Rejata de embarcasións feitas á machada, Voo sen motor, top-secret e conserto.
Pedíuse colaboración para a elaborasión do deseño do Cartel e da Sudadeira da Festa da Dorna:
+ Pídese aos peñeiros/as que na próxima asamblea traían deseños para poder elexir os deseños da LVIII sinjladura.
Infórmase da aportación do concello para esta sinjladura: 6000 euros.
Información das Xornadas de Cultura Marítima:
+ Coa finalidade de retomar as actividades formativas e difusoras da Cultura Mariñeira a R.e I. Cofradía da Dorna vai organizar estas xornadas.
+ Fixouse para os días 30 de xuño e 1 de xullo o desenvolvemento das xornadas.
+ Estase traballando nun projrama na que se combinen mesas redondas, exposicións, proxeccións, navejasións en embarcasións tradisionais e actuasións.
SOCIEDADE: Infórmase que o peñeiro Adrián Sarasquete, tamén coñecido como Pincho, recibeu a poutada de ouro. O acto desenvolveuse no transcurso da súa voda coa tamén peñeira Noelia Parada. Esta é máxima distinsión que dá a R. E I. Cofradía da Dorna polo moito e excelente traballo desenvolto dentro da Cofradía.
Na popa da Jalerna, tendo ventiño do sur, a 17 de abril de 2006.
Paseo con us Madrileños, enjoy cos arroases.
Posto que o tempo acompañaba e como quecemento para asistir á reunión da Festa da Dorna que se celebraría sa mesma tarde, xuntámonos un pequeno equipo para dar unha volta na Jalerna (veloz dorna Xeiteira da REICD).
Tripulantes:
- Pincho (patrón), Quico Axeitos (proel**), Pol (Proel*), Zafa (driza*),
Ruta:
- 16.00, Do pantalán F do peirao da Novena ata a illa de Rúa e as Lobeiras pasando polo canal, á última hora practicamos viradas na enseada de Coroso…
- 20.30, Arribada á Novena
Incidencias:
- Hai que levar a arreglar o saco da vela e comprar os parches para a mesma.
- Bolinando metía algo de auga pola proa, supoñemos que é debido á longa estancia no pantalán.
- Notei a Zafa un pouco oxidado.