REUNION FESTA 15 ABRIL

May 3, 2006

O dito, ó regresar de navejar achegámonos á reunión das peñas onde tomei as seguintes notas que paso a reseñar….

Acta da Asamble de Peñas dorneiras

Acta 01/LVIII sinjladura

Celebrada no Conservatorio o 15-4-2005

Asisten: Atuna Nejra, Carallos de Rei, A jran Samborka, Ratos da Illa, Muxo Betis, Lampreas máis preas, Persebes coma puños, Tabeiróns Caralludos, Arría o Jallo, Lobos de Mar, Vikingos da Tomasa, Pescadillas con ladillas, Nécoras botamos un lanse e Rapes.

Logo de ter selebrado a primeira reuinón das Peñas Dorneiras o pasado sábado día 15 de abril, acordouse:

Fixar as datas para LVIII sinjladura da Festa da Dorna e as actividades prinsipais:

+ Sábado 15 de xullo: Jran Baile de Jala.
+ Venres 21 de xullo: Guateke dorneiro e Maratasón.
+ Sábado 22 de xullo: Xogos de terra e Cansión de Tasca.
+ Domingo 23 de xullo: Xogos de Mar, Carrilanas e Exame da Patróns.
+ Luns 24 de xullo: Romería, Rejata de embarcasións feitas á machada, Voo sen motor, top-secret e conserto.

Pedíuse colaboración para a elaborasión do deseño do Cartel e da Sudadeira da Festa da Dorna:

+ Pídese aos peñeiros/as que na próxima asamblea traían deseños para poder elexir os deseños da LVIII sinjladura.

Infórmase da aportación do concello para esta sinjladura: 6000 euros.

Información das Xornadas de Cultura Marítima:

+ Coa finalidade de retomar as actividades formativas e difusoras da Cultura Mariñeira a R.e I. Cofradía da Dorna vai organizar estas xornadas.
+ Fixouse para os días 30 de xuño e 1 de xullo o desenvolvemento das xornadas.
+ Estase traballando nun projrama na que se combinen mesas redondas, exposicións, proxeccións, navejasións en embarcasións tradisionais e actuasións.

SOCIEDADE: Infórmase que o peñeiro Adrián Sarasquete, tamén coñecido como Pincho, recibeu a poutada de ouro. O acto desenvolveuse no transcurso da súa voda coa tamén peñeira Noelia Parada. Esta é máxima distinsión que dá a R. E I. Cofradía da Dorna polo moito e excelente traballo desenvolto dentro da Cofradía.

Na popa da Jalerna, tendo ventiño do sur, a 17 de abril de 2006.

1 Comment »

The URI to TrackBack this entry is: http://dorna.blogsome.com/2006/05/03/reunion-festa-15-abril/trackback/

  1. Persebes coma Punhos escríbese Persebes coma Punhos non Persebes coma “Puños”. Un saúdo.

    Comment by Persebes — May 11, 2006 @ 4:22 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>