NAVEJASION 03 XUÑO 06

June 9, 2006

Saimos coma sempre ás 1630 do pantalán F.
A tripulación incluía o máis selecto da mariñeiría Riveirense, os catro paxaros en cuestión eran:

-Pincho - Patrón
-Xavi - Proel
-Javier “O Jala” - Proel
-Zafarrancho - Driza*
-Fran (Serráms+marráns) - Cursillista

A saida do peirao con NW sempre implica unha pequena bojada ata estara sotavento da fábrica do xeo para poder subi-la vela.

Nada máis sair do peirao, o vento fresco do NW fixo que a Jalerna mollara o corredor, ¡¡¡¡ un bo comezo sen dúbida !!! A Jalo lle saltarían as lájrimas,… Sniff,..volve de Mosambique pronto e sacalle a carbonilla á Jalerna…
Mollando o corredor con NW fresco

O vento era do Nw e refrescou ó longo da tarde o que nos deparou unha tarde navejasión épica. Metemos rizos e navegamos polo canal cara Castiñeiras. As maniobras saían bastante cativas pero melloran coa práctica, sen dúbida hai que meterlle horas á maniobra para non dar pena, nonn hai máis trucos. A miña experiencia dime que hai que facer unhas 150 viradas en cada posto para facela ben á primeira e cando sopla castaña dura.
Puño de escota
Fran é un novo tripulante aspirante ó título de mariñeiro. Pertence á nova pero xa prestixiosa peña”Os serráns mais marráns”, promete bastante e é xa un tripulante permanente da “Jalerna”, o seu posto é na proa.

O vento foise quedando e foi posible sacar o rizos e devolver a Jalerna ó seu estado natural sen ataduras que limiten a súa superficie vélica.

Finalmente unha vez amarrados de novo ó pantalán…..achicada e baldeo que dan a vida e despois un ovo frito.

Bueno, espero ver a algún tripulante o próximo Sábado no pantalán, se vos interesa manda un email a adriansf1@gmail.com

Saude

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://dorna.blogsome.com/2006/06/09/navejasion-03-xuno-06/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>