VARADA ANUAL DA JALERNA
August 10, 2006Un ano máis procedemos a realizar a varada da Jalerna para as necesarias labores de mantemento.
Varamos o Venres día 28 de xullo e a flotadura tivo lugar o Xoves día 3 de Agosto, foi esta polo tanto unha das varadas máis rapidas que se recordan nos dez anos de esta embarcación (con excepción de varadas menores, non as anuais). Esta estadía tan corta no varadero foi posible gracias á excelente planificación das tarefas levada a cabo previamente pola cúpula da escola de vela e tamén gracias ó apoio incondicional recibido por parte de todos os mulillas, entre outros cito:
- Madero (carpinteiro maior)
- Villa
- Goreti
- Fran serrán
- Jalo
- Fer
- Nacho
- Andi
- Fer
- E algún mais que por alí andivo, así como a peña de pepe de noia que axudou a botala abaixo.
Entre as tarefas realizadas destacamos.
- Venres: Fregado obra viva, obra morta e sentina
- Sábado: Preparación obra viva en costado estribor
- Domingo: Piche con patente en toda a sentina e linaza a pau, remos e enjaretados
- Luns: Reclavado completo babor e estribor, enmasillado puntas fabricación de novas cornamusas de empopadas, alquitraneado cuberta e estribor.
- Martes: Alquitran ó costado de babor
- Mércores: Lijado casco e Patente
- Xoves: Instalación de ánodos de sacrificio e flotadura
Espero poder probar a embarcación en breve (11/08/06) pois debería navegar como un raio.
Abaixo unhas fotos.



E por último o fantástico e innovador mascarón de proa, coñecida como ” A nosa Jenny”. seguramente algún guiri despistado virará blanco cando nos vexa chegar.

Saudos
Pincho
Escola de Vela / REICD
