VARADA
October 6, 2005Este ano coma todos hai que facerlle o mantemento á Jalerna. Se ben todos sabemos que o ideal é varar e pintar no veran co nordestiño, non puido ser POR DIFERENTES MOTIVOS QUE NON VOS INCUMBEN así que varemos o Sábado día 8 de Outubro que é mellor que nada.
O plan é o seguinte:
-1200 Precisase 4 homes para baixa-lo pau e sacar certos elementos que non van quedar abordo.
-1820 Precísase un mariñeiro que me axude a varar e fregar.
-1930 Coa axuda de 5 homes darémoslle para arriba no varadero e deixarémola ben trincado coas escoras e sen bitoque para que seque ata…
Sábado 15, rascar e dar alquitrán.
Sábado 22, dar patente e baixar ó mar.
A ver se botades unha man cab´**ns ou préndolle lume en San Xoan.
SAUDOS
PS: NON QUERO ESKAKEOS
-
