AVANCE PROGRAMA FESTA DA DORNA 2006

July 9, 2006

ADIANTE DO PROJRAMA DORNEIRO DESTE ANO 2006:

DIA 15 DE XULLO:

BAILE DE JALA

DIA 20 DE XULLO:

FEIRA DE ARTESANÍA, CALLADA E CONCERTO DE ZENK

DIA 21 XULLO:

MARATASÓN,JUATEKE DORNEIRO(NO TOURO).

DIA 22 XULLO:

XOJOS DE TERRA, CANSION DE TASCA

DIA 23 XULLO:

XOJOS DE MAR(MALECON), CARRILANAS, EXAMES DE PATRONS E
CONCERTO DE GALEGOZ (http://www.galegoz.com/)

DIA 24 XULLO:

REJATA DE EMBARCASIONS(COROSO), ROMERIA DORNEIRA(COROSO), VOO
SEN MOTOR( MUELLE), TOP SECRET( SAIDA DO MUELLE), E CONSERTASO DORNEIRO A
CARJO DE LA KINKI BEAT (http://www.lakinkybeat.com/) E A COMPAÑÍA DO RUÍDO
(http://www.acompaniadoruido .com/).

Ahí queda eso, ide preparando o peito. Para todo-los interesados que sepades que este ano volve o mítico Concurso de JIPJOP, será o Sábado á tarde noite; a continuación haberá actuación de un grupo e rapeiros en condicións, todavía por confirmar, e máis movidas.

atentos sAudos,

CIC Cofradía da Dorna

FIRST “CARTEL” PROPOSAL

May 3, 2006

Esta é a primeira proposta de cartel para a festa de este ano, paa comentar:

Cartel 01

Saudiños dende a Olívica

REUNION FESTA 15 ABRIL

O dito, ó regresar de navejar achegámonos á reunión das peñas onde tomei as seguintes notas que paso a reseñar….

Acta da Asamble de Peñas dorneiras

Acta 01/LVIII sinjladura

Celebrada no Conservatorio o 15-4-2005

Asisten: Atuna Nejra, Carallos de Rei, A jran Samborka, Ratos da Illa, Muxo Betis, Lampreas máis preas, Persebes coma puños, Tabeiróns Caralludos, Arría o Jallo, Lobos de Mar, Vikingos da Tomasa, Pescadillas con ladillas, Nécoras botamos un lanse e Rapes.

Logo de ter selebrado a primeira reuinón das Peñas Dorneiras o pasado sábado día 15 de abril, acordouse:

Fixar as datas para LVIII sinjladura da Festa da Dorna e as actividades prinsipais:

+ Sábado 15 de xullo: Jran Baile de Jala.
+ Venres 21 de xullo: Guateke dorneiro e Maratasón.
+ Sábado 22 de xullo: Xogos de terra e Cansión de Tasca.
+ Domingo 23 de xullo: Xogos de Mar, Carrilanas e Exame da Patróns.
+ Luns 24 de xullo: Romería, Rejata de embarcasións feitas á machada, Voo sen motor, top-secret e conserto.

Pedíuse colaboración para a elaborasión do deseño do Cartel e da Sudadeira da Festa da Dorna:

+ Pídese aos peñeiros/as que na próxima asamblea traían deseños para poder elexir os deseños da LVIII sinjladura.

Infórmase da aportación do concello para esta sinjladura: 6000 euros.

Información das Xornadas de Cultura Marítima:

+ Coa finalidade de retomar as actividades formativas e difusoras da Cultura Mariñeira a R.e I. Cofradía da Dorna vai organizar estas xornadas.
+ Fixouse para os días 30 de xuño e 1 de xullo o desenvolvemento das xornadas.
+ Estase traballando nun projrama na que se combinen mesas redondas, exposicións, proxeccións, navejasións en embarcasións tradisionais e actuasións.

SOCIEDADE: Infórmase que o peñeiro Adrián Sarasquete, tamén coñecido como Pincho, recibeu a poutada de ouro. O acto desenvolveuse no transcurso da súa voda coa tamén peñeira Noelia Parada. Esta é máxima distinsión que dá a R. E I. Cofradía da Dorna polo moito e excelente traballo desenvolto dentro da Cofradía.

Na popa da Jalerna, tendo ventiño do sur, a 17 de abril de 2006.

Reunión das Peñas dorneiras

May 15, 2005

Cartel da festa 2005

Onte sábado 14 de maio de 2005 houbo reunión das peñas dorneiras. Para os dorneiros non asistentes ou na diáspora aquí vai un resumen.

- Repartíuse a organización dos xogos e actividades dorneiras. Cada peña vai orghanisar o mesmo que o ano pasado. Ollo que faltaron peñas, como non veñan á próxima reunión (que vai ser o 28 de maio) asignaráselle a outra peña.

- Presentouse o cartel. Quedou caralludo.

-Millán insistíu na creasión dun concurso de baile. Rajouse e non nos quixo faser unha demo.

- As sudadeiras finalmente verdes.

- Dos encontros de Cambados, confirmamos a asistencia da Charanga Dorneira - que vai tocar xunto con outros jrupos de menos caché - e de DJ Diego. Na próxima reunión imos ter unha lista para que a xente comeze a apuntarse.

Ah e sabede todos que xa temos o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Galego, parabéns a todos.